Sobre nós

 

Os proxectos que desenvolvemos na Cooperativa Agraria Provincial da Coruña son unha aposta real e efectiva polo sector lácteo galego

Entre as actividades que desenvolve a CAP actualmente está o servizo de Asesoramento Técnico- Económico e de Xestión de Explotacións, para orientar ás explotacións no desenvolvemento dunhas prácticas agrarias eco-compatibles e sustentables economicamente e o servizo de Substitución para dar resposta a unha das demandas do sector, fundamental para mellorar a calidade de vida nas explotacións gandeiras galegas. Tamén se colabora co Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo e con centros de ensino e de formación de persoal técnico (Escola Politécnica Superior de Lugo, EFA Fonteboa).

 

Granxa O Cancélo: da teoría á práctica

“Granxa O Cancelo” nace co obxectivo de que sirva como centro de probas para cultivos, sistemas de manexo máis rendibles, adecuación e integración da produción campo- gandeira no seu contorno, formación de persoal técnico, mellora do benestar do gando e posta en marcha de novas liñas de negocio que permitan a creación e mantemento de postos de traballo no medio rural.

Tendo leite de calidade, era o momento de elaborar xeado de calidade. Así naceu Bico de Xeado. Un xeado galego e natural 100% co leite fresco só pasteurizada.

 

Aula Divulgación

Na CAP consideramos de especial interese desenvolver un labor de transmisión á sociedade da importancia do sector lácteo a nivel económico, social e ambiental. O seu obxectivo é achegar aos sectores de consumidores e produtores e divulgar a operación dunha granxa, como se alimenta o gando, onde descansa, e como se transforma o leite. Neste sentido, está a traballarse na "Sala de difusión do sector lácteo". Recibimos visitas de escolares, consumidores e calquera persoa interesada en coñecernos.

En definitiva a CAP aposta polo desenvolvemento de novas vías de transformación e comercialización que repercuten no achegamento de produtos de calidade (leite e derivados) aos consumidores. Paralelamente redúcese o consumo enerxético e a xeración de residuos.


Sempre có mellor leite

De primeira calidade, 100% natural e ao dereito de muxir na nosa granxa.

O principal ingrediente de todos os xeados é o leite que producen as vacas da Granxa O Cancelo e que nós muximos e utilizamos inmediatamente para os xeados. Leite 100% natural, coas mellores características organolépticas do mercado, sen ningún tipo de adulteración industrial.

O Cancelo

Granxa "O Cancelo"

Emprazada nas verdes terras da Coruña, é a base e o fundamento dos nosos produtos. É o lugar onde nace o sabor e a cremosidade características de BICO De Xeado. Alí coidamos das nosas vacas e vixiamos de xeito exquisito a súa alimentación, o seu benestar e a súa saúde. Só de vacas tranquilas, sas e felices se pode obter leite de primeira calidade.

Proceso artesanal

Proceso artesán

Coidamos ao máximo cada paso na elaboración dos nosos xeados.

Ao traballar nun obradoiro propio, somos quen de aproveitar toda a frescura do leite e controlar persoalmente todo o proceso. Desde a elección e mestura dos mellores ingredientes ata o envasado e a etiquetaxe, sempre hai unha persoa encargada de aportar o mimo e o coidado que ningunha máquina podería dar aos nosos xeados. É certamente un proceso laborioso mais que nos diferencia de calquera produto industrial.

El equipo

O equipo

Temos o mellor equipo que se poida desexar. Profesionais comprometidas e comprometidos có proxecto e con afán de mellorar continuamente. A elas e a eles, e ao seu traballo diario, debemos a honra de poder ofrecer os xeados artesáns máis cremosos e saborosos, os xeados máis deliciosos!

Ingredientes seleccionados

Ingredientes seleccionados

Naturais, de proximidade, coa máxima frescura e de primeira calidade

Non engadimos sabores nin colorantes artificiais. Seleccionamos de xeito rigoroso todos os ingredientes que utilizamos nas nosas mesturas: froitas, cacao, mel, froitos secos, nata, iogur... Somos unha empresa comprometida coa súa contorna e utilizamos, sempre que é posible, produtos de orixe local ou de proximidade.

El resultado

O resultado

As materias primas e os nosos procedementos garanten unha inmellorable textura e completa homoxeneidade no corpo do xeado que contén unha menor cantidade de ar na mestura e unha cremosidade única. Nata, chocolate, turrón, licor café... cal queres probar hoxe?